Vídeos

Vídeos e aúdios de interese:


Asemblea Popular de Ferrol Terra en apoio á candidatura Alternativa Galega de Esquerda [28.09.2012]

Vídeo da Asemblea popular en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda que o venres 28 de setembro, se celebrou no Centro Cultural Carvalho Calero [Ferrol, Inferniño] co obxectivo de unir ás persoas activas da comarca en defensa da candidatura, asinar un manifesto e contruir comités de traballo.



Entrevista a Beiras en Radio Coruña.
[25.09.2012]

Entrevista a Beiras en Radio Coruña. Beiras anima aos cidadáns a "desaloxar aos bárbaros do PP" nas vindeiras eleccións autonómicas.

O candidato de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, insistiu na necesidade de formar unha unidade de acción que permita "desaloxar aos bárbaros do PP do Parlamento Galego e do Goberno de Galiza" xa que é o único xeito de acabar coa "descomposición do Estado e o esperpento valleinclesco que estamos a vivir".


http://youtu.be/wTUfyDRo3Ss


Interesante charla de Xosé Manuel Beiras: "A situación política actual dende un punto de vista histórico - Diagnose dun réxime en descomposición" [23.09.2012]

Charla de Xosé Manuel Beiras na Fundación ONCE da Coruña, convitado pola Fundación Instituto de Estudos Políticos e Sociais.

O candidato de Alternativa Galega de Esquerda na provincia da Coruña fai unha análise da situación política actual dende un punto de vista histórico.


http://youtu.be/ClaSVPbkgaQ


Rolda de prensa de Alternativa Galega de Esquerda [18.09.2012]

Rolda de prensa de presentación de Alternativa Galega de Esquerda. "A emerxencia nacional e mundial obríganos a esquecer os intereses partidarios. A auténtica Cámara de Representantes está na rúa."


http://youtu.be/fCW8VCZ7j_4


___

Nenhum comentário:

Postar um comentário