domingo, 7 de outubro de 2012

Acto Público da Alternativa co movimento social e veciñal de Ferrol - Fotos e Vídeos - A participación cidadá tomou a palabra no acto da Alternativa Galega de Esquerda que se celebrou nas sindicais de San Pablo


A participación cidadá tomou a palabra no acto da Alternativa Galega de Esquerda

Nas vivendas sindicais de San Pablo, a Alternativa Galega de Esquerda contou coa participación de Miguel López, do movemento vecinal, e de Xosé Manuel Rodríguez Carballeira, activista da loita contra Reganosa, onde todas as persoas que interviron, mostraron a súa solidariedade co sindicalista Xesús Anxo Pintos.

Miguel López explicou as razóns do seu apoio á candidatura, “hai que paralos para rematar co malgasto, e para implantar una nova forma de facer política, hai que rematar co clientelismo, o enchufismo e a corrupción, da que temos claros exemplos que practica o Partido Popular”, concretamente falou dos casos da Praza de España e da Praza de Armas.

Rodríguez Carballeira insistiu na necesidade de levar ao parlamento a persoas con determinación para enfrentarse aos recortes, e ás grandes empresas. “Necesitamos no Parlamento, representantes que defendan á cidadania desta comarca, da ameaza de Reganosa, que actúen como un dique de contención dos bancos e das multinacionáis”.

Paula Meizoso, candidata na lista da coalición, pediu o voto para a Alternativa Galega de Esquerda lembrando a necesidade de defender a soberanía, a democracia e os dereitos socias, como eixo de actuación non só da candidatura, senon da cidadanía que ten que demostrar que se pode construir outro mundo.

Xosé Manuel Pazo Branco fixo un percorrido pola historia compartida polas xeracións que entre o público se encontraban representadas. “Aquí estamos xentes que sufriron a ditadura, xentes que vivimos a transición, e una nova xeración que ten como futuro una vez máis, a emigración. Temos que protagonizar unha segunda transición política”. Aproveitou a situación do barrio de San Pablo para incidir nun dos 30 pontos programáticos da coalición: “Os nosos fill@s teñen dereito a una vivenda digna. Os bancos acumulan miles de vivendas froito do roubo, expropiemos esas vivendas!” O mesmo que se referiu á deuda ilexítima que hai que investigar mediante una Comisión parlamentaria.

Rematou o acto coa intervención dunha representante da Asociación de Veciñal que aproveitou para denunciar as mentiras que espalla o governo municipal a respeito do local social de barrio.

Ferrol, 7 de outubro de 2012

Intervención de Xosé Miguel López do movimento veciñal e social de Ferrol Terra
[Nota.- Este vídeo ten un fallo técnico de son perante uns minutos que case se silencia e despois volve de novo o son. Pedimos desculpade o fallo]



http://youtu.be/QTomU3Gvyzo


Intervención de Xosé Manuel R. Carballeira do movimento opositor a Reganosa


http://youtu.be/PbNlmGwC6rc


Intervención de Paula Meizoso de Esquerda Unida


http://youtu.be/dmasGomxIXI


Intervención de Xosé Manuel Pazo de Anova


http://youtu.be/ko0wSBmYFc4
Peche do acto por Fina e Lupe Ces


http://youtu.be/WIs7OgPylbk

Fotos Susete'70, Vídeos Cholo.
___________

Nenhum comentário:

Postar um comentário