terça-feira, 16 de outubro de 2012

Actos Públicos de Alternativa Galega de Esquerda en Ferrol, Caranza e Valdoviño

Hai que paralos!

Porque cremos que hai outra maneira de facer política que non sexa mallar sempre nos mesmos, na maioría social.

Levamos moitos anos de políticas contrarias aos intereses da xente do común, de todas e todos nós, que desmantelaron o cativo estado do benestar e provocaron a maior crise económica, social e política que se lembra.

As forzas políticas que decidimos coligármonos para as eleccións ao Parlamento Galego coincidimos na necesidade de recuperar a dignidade da acción política baseada na radicalidade democrática; nos principios republicanos de igualdade, liberdade, fraternidade e laicidade; na conciencia sobre os límites ecolóxicos do planeta; na loita contra calquera caste de discriminación; na permanente fiscalización por parte da cidadanía dos elixidos e elixidas e en que as políticas deberán sempre estar na defensa do benestar das maiorías sociais e na defensa das minorías oprimidas, en definitiva, na procura do ben común.

Debemos unir todas as forzas posíbeis para facer fronte conxunto ás políticas que lastran e condicionan calquera posibilidade dun futuro mellor.

Apartar o PP dos gobernos é un mínimo imprescindíbel para abrir posibilidades cara unha  ruptura democrática que consideramos imprescindíbel.

Actos Públicos de Alternativa Galega de Esquerda

Martes 16 de Outubro.

 En Ferrol  , sobre Economía: "Hai Alternativas"
Hora: 20:00 hs.
Lugar: Centro Cultural Torrente Ballester.
Presentan:
Suso Basterrechea (EU) e Manolo Pazo (Anova)
Intervirán:
- Alberto Garzón (Diputado de Esquerda Plural no Parlamento Español).
- Martiño Noriega (Alcalde de Teo e membro de Anova).
- Pablo Otero (Equo)
- Manel Cardoso (Espazo Ecosocialista)

Mércores 17 de Outubro.

 En Caranza .
Hora: 18:00 hs.
Lugar: Centro Cívico de Caranza.
Intervirán:
- Rafael Pillado (Movemento Social de Ferrolterra)
- Paula Meizoso (EU)
- Lupe Ces (Anova)

 En Valdoviño  .
Hora: 19:00 hs.
Lugar: Casa da Cultura .
Intervirán:
- Mónica Fernández (Anova)
- Xosé María Dobarro (EU)

 En Ferrol .
Hora: 20 hs.
Lugar: Inferniño.
Participaremos na Manifestación Comarcal Unitaria en defensa da comarca, o naval e polo emprego, contra as políticas antisociais e antiobreiras dos gobernos do dereitista pp (partido popular), de Mariano Rajoy e Feijóo'2012. Convocada pola maioría sindical: ccoo, cig, ugt e ustg.
 - - - - - - -.


---

Nenhum comentário:

Postar um comentário