sexta-feira, 19 de outubro de 2012
Manifesto da Cultura en apoio da "Alternativa Galega de Esquerda"
Baixo o lema "Nin cultura sen pobo, nin pobo sen cultura", un numeroso colectivo de persoas ligadas ao mundo da cultura, ... escritores e escritoras, artistas, actrices e actores, persoas ligadas ao mundo do cine, do teatro, da música, do deseño, da produción, da ciencia, ... asinaron un manifesto de apoio á candidatura de "Alternativa Galega de Esquerda".
A continuación transcribimos o Manifesto da Cultura en apoio da "Alternativa Galega de Esquerda" e os nomes dunha parte moi importante das persoas asinantes.
NIN CULTURA SEN POBO, NIN POBO SEN CULTURA
Galicia é unha entidade material construída historicamente por homes e mulleres pertencentes ao mundo do traballo. Pero tamén é unha construción simbólica articulada conscientemente por unha tradición cultural e de creación artística rica, moderna e profundamente comprometida co pobo traballador ao longo da historia. Unha construción permanente que ten como máis evidente medida, no presente e no futuro, nos alicerces e nos horizontes, a nosa lingua.
E velaquí que o PP e mais Feijoo entraron no goberno asumindo como labor prioritario o de desestruturaren a capacidade simbólica de toda expresión cultural, creativa e artística, a consigna de destruíren a nosa cultura e a nosa lingua como garantes do proxecto nacional galego de democracia, xustiza e dignidade. Prolongaron e aumentaron a hipoteca do Gaiás mentres que, coa falacia dos recortes, desmontaron canto puideron o noso sistema cultural; abríronlle o espiche ó simulacro e afogaron a infraestrutura de creación audiovisual e artes escénicas; fomentaron a cultura do espectáculo e do consumo e derrubaron a cultura da participación social e activa; e a edición, as bibliotecas, o libro...
Pero soubemos resistir. Nas condicións máis extremas e adversas, seguimos resistindo. En calquera escenario do futuro, continuaremos organizando a resistencia activa.
E hoxe a nosa resistencia activa, a cultural e a política, é defender o proxecto da Alternativa Galega de Esquerda: “Hai que paralos!”
Hai que paralos porque somos parte integrante do pobo traballador galego e, por tanto, do pobo traballador europeo e do mundo, que está sendo aquí e acolá obxecto dunha brutal violencia de destrución e redución á escravitude.
Hai que paralos porque somos dos de abaixo. Non representamos a ninguén, sentímonos parte activa deste pobo e por iso participamos neste movemento de creba democrática e de superación do actual réxime e do actual sistema.
A Alternativa Galega de Esquerda non é unha marca máis que se venda no andel do gran centro comercial das eleccións. AGE é a expresión diversa e dinámica dunha necesidade de transformación cuxo protagonista soamente pode ser o pobo. AGE non aspira a converterse nun mediador entre a inmensa maioría dos de abaixo e a inmensa minoría dos de arriba; só se ofrece como ferramenta para que a democracia cobre sentido real por primeira vez na historia. O pobo é quen máis ordena: hai que paralos!
A Alternativa Galega de Esquerda é capaz de unir nun mesmo proxecto de intervención política, de emancipación nacional e social, dúas tradicións tan insignes coma as que representan hoxe Anova e Esquerda Unida, coas achegas de Equo e Espazo Ecosocialista. A unidade popular dos agredidos e das agredidas é hoxe e aquí un dos nosos valores principais: hai que paralos!
Por iso, máis que pedir o voto para AGE, que o pedimos, convidamos a todos e todas a se uniren ao proxecto de transformación. Acumular forzas para conquistar a hexemonía: hai que paralos!
Galicia, 12 de outubro de 2012
Francisco Xavier Abilleira Cortegoso (poeta)
Xulio Abonjo (actor)
Fernando Acuña Castroviejo (arqueólogo)
Agustín Agra (escritor)
Casilda Alfaro (actriz)
Alberto Alonso (cineasta)
Fran Alonso (escritor)
Antonio A. Alonso (científico)
Xesús Alonso Montero (académico)
Manuel Álvarez (músico)
Salomé Álvarez Blanco (profesora)
Berta Álvarez Cáccamo (pintora)
Xosé María Álvarez Cáccamo (escritor)
Maribel Álvarez Ilarri (ensinante)
Juanjo Amado (técnico de teatro)
Gonzalo Amoedo López (historiador)
Anxo Angueira (escritor)
Inma Antonio (actriz)
Vicente Araguas (escritor)
Gonzalo Araúxo (artista plástico)
Alberto Ardid (pintor)
Rafael Balado (escritor)
Carmen Bar Cendón (profesora)
Alfonso Bar Fernández (ensinante)
Manuel M. Barreiro (editor)
Suso Basterrechea (artista)
Rober Bass (profesor do audiovisual)
Juana Beiras (profesora)
Teresa Bermúdez (ensaísta)
X. Antón Bocixa Rei (músico)
Manuel Caamaño (etnógrafo)
Mónica Caamaño (actriz)
Anxo Cabada (fotógrafo)
Darío Xohán Cabana (escritor)
Félix Cal Cortizas (fotógrafo)
Mar Caldas (artista)
Paula Carballeira (escritora)
Fernando Carrera Ramírez (arqueólogo)
Arturo Casas (poeta, crítico literario)
Fernando Casás (artista plástico)
Iago Castro Buerger (escritor)
Antela Cid (actriz)
Ariadna Cid (lcda. Ciencias do Mar)
Sara Cid (profesora)
Lucía Cid (actriz de dobraxe)
Xosé Cid Cabido (escritor)
Luís Cochón (escritor)
Xabier Cordal (escritor)
Pilar Comesaña (xornalista)
Suso Cortegoso (actor)
Ledicia Costas Álvarez (escritora)
Anxos Cuña Bóveda (directora de teatro)
Berta Dávila Fernández (escritora)
María Luisa del Olmo Casalderrey (ensinante)
Salvador del Río (actor)
Xoán Calros de Dios González (artista plástico)
Luís Davila (debuxante)
Antón Dobao (escritor)
Antonio Doñate Mañeu (deseñador)
Antonio Durán Morris (actor)
Rosa Enríquez (poeta)
Xosé Manuel Eyré Val (escritor)
Xosé Ramón Fandiño (editor)
Miguel Anxo Fernán Vello (escritor e editor)
Ana María Fernández (tradutora)
Iago Fernández Camaño (músico)
Leo Fernández Campos (músico)
Adriana Fernández Lagoa (escritora)
Millán Fernández López (politólogo)
Francisco Fernández Rei (académico)
Carlos Fontes (escritor)
Manuel Forcadela (escritor)
Xosé Luís Franco Grande (académico)
Casilda García Alfaro (actriz)
Xosé Manuel García Crego (editor)
Beatriz García-Ramos (ensinante)
Xenaro García Suárez (escritor e matemático)
José Gómez Alén (historiador)
Luís Gonçales Blanco (escritor)
Amando González (pintor)
Ania González (xestora cultural)
Nolim González (poeta)
Xosé González (director do SNL de Redondela)
María Fe González Fernández (tradutora)
Brais González Pérez (escritor)
Ricardo Gurriarán (historiador)
Gonzalo Hermo (poeta)
Julián Hernández (músico)
Ánxel Huete (pintor)
Emilio Xosé Insua López (escritor)
Rai Iglesias (deseñador gráfico)
Baldomero Iglesias Dobarrio (músico)
Manuel Igrexas Rodríguez (historiador)
Xosé Antón Laxe Martiñán (poeta)
Emma Lázare (profesora)
Ramiro Ledo Cordeiro (cineasta)
Alberto Lema (escritor)
Catuxa López Pato (tradutora)
Celso X. López Pazos (crítico cinematográfico)
Manuel Lorenzo Baleirón (escritor)
Gustavo Luca de Tena (xornalista)
Bernardo Maiz (historiador)
J. Javier Mariño Sieiro (ensinante)
Beli Martínez (productora audiovisual)
Gemma Martínez (editora)
Xurxo Martínez (investigador)
Xulio Anxo Martínez Costas (músico)
Chema Martínez Rodríguez (químico)
Luís Martínez Romero (pintor)
Mina Marx (investigadora)
Antón Mascato (editor)
Xulio Maside (pintor)
Xulián Maure (editor)
Carlos Méixome (historiador)
Oriana Méndez (escritora)
Xosé Luís Méndez Ferrín (académico)
Xoán Montero (tradutor)
Vicente Montoto (actor)
Emilio Neira Abuín (tradutor)
Francisco Niño Ricoi (profesor)
Lolina Ojea (fotógrafa)
Xan Pardiñas (pintor)
Zé Paredes (actor)
Chus Pato (poeta)
Begoña Paz (escritora)
Cándido Pazó (actor)
Rosalia Pazo Maside (artista)
Bernardo Penabade (profesor)
Silvia Penas (escritora)
Pilar Pérez Faxil (documentalista)
Héitor Picallo Fuentes (ilustrador)
Laura Ponte (actriz)
Lito Portela (pintor)
Alba Prol Cid (realizadora)
Almudena Quintáns (bibliotecaria)
Begoña R. Outeiro (escritora)
Alberto Ramos Álvarez (escritor)
Paz Raña Lama (escritora)
Flor Maceiras (actriz)
Manuel Outeiriño Gallego (ensaísta)
José Luis Outes Ruso (economista)
Claudio Pato (poeta)
Xosé Manuel Pazos (autor teatral)
Miguel Pernas (actor)
Francisco Pillado Maior (editor)
Xosé Pintado Valverde (científico)
Iria Pinheiro (cabareteira)
Iván Prado (pallaso)
Xavier Queipo (escritor)
Mercedes Quiroga Barros (ensinante)
Tatán R. Cunha (titiriteiro)
Abe Rábade (músico)
María do Cebreiro Rábade Villar (escritora)
Henrique Rabuñal (escritor)
Luís Rei Núñez (escritor)
Xosé Luís Regueira (académico)
Gabriel Reigosa Centelles (músico)
Elvira Ribeiro Tobío (poeta)
Alfonso Rivas (economista)
Aitor Rivas Rodríguez (activista cultural)
David Rodríguez (deseñador)
David Rodríguez (poeta)
Xavier Rodríguez Baixeras (poeta)
Miriam Rodríguez Domínguez (realizadora)
Luciano Rodríguez Gómez (ensaísta)
Mª Esther Rodríguez Losada (profesora)
Anxo Rodríguez Ratel (poeta)
Manuel M. Romón (poeta)
Nieves Rouco (psicopedagoga)
Mercedes Rozas (crítica de arte)
Francisco Sampedro (filósofo)
Víctor Santidrián (historiador)
Carlos Santiago (dramaturgo)
Xosé Luís Santos Cabanas (escritor)
Xosé Manuel Sarille (escritor)
José Luis Seara, (artista plástico)
Isabel Seoane (profesora)
Xavier Seoane (escritor)
Iria Sobrino (arquitecta)
Xosé Bieito Sousa Rodríguez (profesor)
Diego Taboada (escritor)
Xosé Luís Tembra
Peneireiro (activista cultural)
Xaime Toxo (escritor)
Gonzalo Vázquez (deseñador)
Rexina Vega (escritora)
Roi Vidal Ponte (director e dramaturgo)
Manuel Vázquez Fernández (cantautor)
Xosé Lois Vilar (historiador)
Manuel Vidal Villaverde (escritor)
Malores Villanueva (profesora)
Xabier Xil Xardón (poeta)
Isaac Xubín (poeta)
_________________________
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário