domingo, 7 de outubro de 2012

Algúns vídeos do acto público en Ferrol, da Praza Rosalia de Castro, dedicado á comunicación, lingua e cultura en Ferrol

Hoxe na Praza Rosalía de Castro de Ferrol, tiña lugar un acto público da Alternativa Galega de Esquerda, sobre comunicación, cultura e lingua. No acto participaron o candidato e responsábel local de Esquerda Unida, Suso Basterrechea, profesor e artista plástico e a candidata de Anova, Mónica Fernández, licenciada en Belas Artes. Apoiaron o acto coa súas intervencións musicais,  Fefi, interpretando a canción de Miro Casavella "O meu país" para expresar o seu apoio à Alternativa (AGE), nun acto que tivo lugar na Praza de Rosalía en Ferrol. Fefi rematou cun "Moitas sorte e a paralos!". E por último Memela das Cantareiras de Trasancos, ofreceu-nos os seus versos cantados.

"Somos o país da auga
que vai rebentar a presa
e libertar os regatos
beber forza da fervenza"

Memela desexou moita unión, e asi o expresou  "Cantando coa forza que nace da unión".


http://blip.tv/artabrix/o-cantautor-fefe-en-apoio-da-alternativa-galega-de-esquerda-moitas-sorte-e-a-paralos-6387881


http://blip.tv/artabrix/memela-das-cantareiras-de-trasancos-em-apoio-da-alternativa-galega-de-esquerda-1-de-2-6387796


http://blip.tv/artabrix/memela-das-cantareiras-de-trasancos-em-apoio-da-alternativa-galega-de-esquerda-2-e2-6387844

---

Nenhum comentário:

Postar um comentário