segunda-feira, 15 de outubro de 2012

Acto Público no Monte San Lourenzo (Vilar do Colo - Cabanas), sobre medio ambiente e defensa do territorio - Vídeos


Alternativa Galega de Esquerda defende a necesidade dun cambio total de sistema como única vía para protexer a natureza

Rodeado por máis de 60.000 toneladas de residuos contaminantes, o número tres da candidatura de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de A Coruña, Antón Sánchez, comprometeuse públicamente a levar ó Parlamento de Galiza, estes e outros asuntos relacionados coa destrucción do territorio.

O Monte San Lourenzo, sito no Concello de Cabanas e próximo a unhas fontes tributarias do río Baa, leva meses ocupado por uns áridos traídos dende Holanda que están impregnados de contaminantes e que por este motivo non poden ser utilizados como recheo, segundo a normativa europea vixente.

A pesares de que tras varias denuncias o caso está a ser investigado, os movementos sociáis e ecoloxistas da comarca seguen a reclamar unha solución a un problema que podería afectar gravemente á entorna destes terreos.

Con este acto público, Antón Sánchez, Xosé Manuel Rodríguez Carballeira e Lupe Ces, de Alternativa Galega de Esquerda, solicitaron da sociedade o apoio necesario para conseguir acadar a forza precisa para defender o territorio galego destes e outros ataques. Así, non esqueceron denunciar o estado de alto deterioro no que se atopa a ría de Ferrol e a sentenza do Tribunal Supremo na que se declarou nula a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos realizada no seu día para a instalación da regasificadora.

Sánchez destacou que o medioambiente non é un mero apartado no programa electoral de Alternativa Galega de Esquerda, senón que é unha cuestión transversal do mesmo. Diversos veciños que alí se congregaron trasladáronlle estas e outras inquedanzas ó respecto desta temática.

Defensa do Territorio e Ecoloxía [Antón Sánchez].

http://youtu.be/aFIVqjmZQ-U


Defensa do Territorio e Ecoloxía [Xosé Manuel Rodríguez Carballeira].

http://youtu.be/BMq-bV-k6Vg
---

Nenhum comentário:

Postar um comentário