quarta-feira, 3 de outubro de 2012

Convocatorias para Xa! e Programación dos Actos dos vindeiros sete días nas comarcas de Ferrol Terra, Eume e Ortegal (Do 3 ao 10 de Outubro)

Información e convocatoria de Alternativa Galega de Esquerda, enviada por Asemblea Popular Alternativa |asemblea.apoio.alternativa@gmail.com|

Enviamos convocatoria de actos previstos para os próximos sete días, agardando podamos contar co voso apoio, presencia e participación.

O día 3 de outubro, mércores, presentación da candidatura na Porta Principal de Navantia Ferrol, ás 17hs.

O día 4 de outubro, xoves, teremos o acto de comezo da campaña no Cantón. O acto comezará ás 22:30hs e durará até as 24hs. Teremos música, chocolate quente para aguantar as últimas horas do dia, e faremos unha performan coa palabra ALTERNATIVA. Solicitamos a todas as persoas que vos acheguedes ao acto, traiades velas, de distintas cores e formas, para poder facer a composición. Remataremos o acto coas intervencións de Mónica Fernández e Yolanda Díaz.

Convocatoria Grupo de Apoio Popular á candidatura.

Todas as persoas que nos anotamos para colaborar na campaña, e outras que poidamos convidar, estamos convocadas para este xoves, 4 de outubro, ás 18hs, no local electoral da da Alternativa Galega de Esquerda, rúa da Igrexa nº 7 Ferrol (A poucos metros da Praza do Callao).

Cadro de Actos para os próximos sete días (Do 3 ao 10 de Outubro) - (en formato pdf):

|Acceder ou Baixar|
---

Nenhum comentário:

Postar um comentário