Pola tarde sobre as 6, está prevista unha xuntanza cos comités de empresa de Navantia (Fene e Ferrol) que seguen pechados no Pazo Municipal de Ferrol, para falar da situación na que se atopan os estaleiros e dos incumprimentos e mentiras do PP, así como das iniciativas políticas que pode levar a Alternativa Galega de Esquerda.
Sobre ás 8 da Tarde, está previsto que dea comezo o Mitín Central da campaña na nosa Comarca, no Teatro Jofre, onde intervirán xunto a Manolo Díos (EcoSocialista), que foi un destacado sindicalista e o cofundador do Seminario Galego de Educación para a Paz - Fundación Cultura e Paz, promotor de moitas iniciativas de solución dos conflitos a través do diálogo, investigador para a elaboración de pedagoxías da Paz, activista social e escritor. Acompañarán o acto os responsábeis locais de Esquerda Unida (Suso Basterrechea) e de Anova (Xosé Manuel Pazo). Presentará o acto o profesor, investigador, historiador, escritor e activista social, Bernardo Maiz Vázquez (o home doutra beira da Ría), aínda que naceu en Compostela, é veciño do Seixo (Mugardos), que foi no seu momento o coordinador da Plataforma Comarcal polo NON Á OTAN, no referendum de 1986, antifascista e copromotor de diversas plataformas cívicas unitarias en defensa do ben común, recuperador incansábel da memoria histórica.
Hoxe Martes, 9 de Outubro, celebran-se dous actos públicos electorais:
Acto Público en Santa Icía (Narón) - Alternativa Galega de Esquerda
Martes, 9 de Outubro, ás 20:00 horas, no local social de Santa Icía, cos seguintes participantes: Paula Meizoso de Esquerda Unida e Lupe Ces de Anova.Acto Público en Neda - Alternativa Galega de Esquerda
Martes, 9 de Outubro, ás 20:00 horas, mitin no salón de actos da Casa da Cultura de Neda.
Intervirán:
- Carmen Prieto Luna como presentadora
- Xosé María Dobarro por Esquerda Unida
- e Mónica Fernández por Anova.
Nota.- Clicar en cada unha das imaxes para ampliar
----
Nenhum comentário:
Postar um comentário