quinta-feira, 25 de outubro de 2012

Unha entrevista chave para entender o cando, como, onde, porque e para qué da Alternativa Galega de Esquerda

En "Vía V" programa de debate en VTelevisión, dirixido por Fernanda Tabarés , tiveron un seguimento próximo da campaña Electoral, un dos apartados foi unha serie de entrevistas a persoas que figuraban nas cabezas de lista de diferentes candidaturas. Alberto Nuñez Feijóo, Pachi Vázquez, Francisco Jorquera e Xosé Manuel Beiras, foron entrevistados, cada un, perante 1 hora e 15 minutos que deron para coñecer.

A diferencia de votos e veces visto, de cada unha das entrevistas, dan unha ideia de como as seguidoras e seguidores de Beiras, utilizaron as redes sociais para difundir a súa mensaxe.



16 de outubro do 2012
"Vía V" Entrevista a Xosé Manuel Beiras (cap.393- parte 2- 16/10)
Visto 15.323 veces
1.178 votos
http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/10/17/0031_6_155728.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador
===========

17 de outubro do 2012
"Vía V" Entrevista a Alberto Núñez Feijoo (cap.394-parte 2-17/10)
Visto 769 veces
221 votos
http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/10/18/0031_6_155823.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador
=============

18 de outubro do 2012
"Vía V" Entrevista a Pachi Vázquez (cap.395- parte 2- 18/10)
Visto 249 veces
12 votos

http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/10/18/0031_6_155882.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador
===========

19 de outubro do 2012
"Vía V" Entrevista a Francisco Jorquera (cap. 396- parte 2-19/10)
Visto 105 veces
7 votos

http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/10/19/0031_6_156004.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador
============

Entrevista post eleccións a Xosé Manuel Beiras en TVE1

Entrevista a Xosé Manuel Beiras en TVE1 no programa "Los desayunos de TV" - 22 de Outubro de 2012

Pouco máis de 7 minutos de entrevista.



---

terça-feira, 23 de outubro de 2012

Resultados Electorais no conxunto de Galiza e nos concellos que conforman as nosas comarcas (Ferrol Terra, Eume e Ortegal)

Galiza

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU11999CM_L2.htm

Comarcas
Eume

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU11079CR_L2.htm

Ferrol

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU11089CR_L2.htm

Ortegal

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU11139CR_L2.htm?d=305

Concellos

Ares

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115900499_L2.htm?d=0

Cabanas

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115901599_L2.htm?d=0

A Capela

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115901899_L2.htm?d=0

Cariño

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115990199_L2.htm?d=0

Cedeira

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115902299_L2.htm?d=114

Cerdido

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115902599_L2.htm?d=114

Fene

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115903599_L2.htm?d=342

Ferrol

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115903699_L2.htm?d=342

Mañón

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115904499_L2.htm?d=456

Moeche

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115904999_L2.htm?d=627

Monfero

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115905099_L2.htm?d=627

Mugardos

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115905199_L2.htm?d=627

Narón

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115905499_L2.htm?d=627

Neda

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115905599_L2.htm?d=627

Ortigueira

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115906199_L2.htm?d=627

Pontedeume

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115906999_L2.htm?d=798

As Pontes

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115907099_L2.htm?d=798

San Sadurniño

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115907699_L2.htm?d=969

As Somozas

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115908199_L2.htm?d=969

Valdoviño

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115908799_L2.htm?d=1106

Vilarmaior

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU1115909199_L2.htm?d=1106

--------

sexta-feira, 19 de outubro de 2012

Chegando ao final da Campaña Electoral: Mitin en San Valentín (Fene) e Acto de Final de Campaña en Caranza - Peche de Campaña na Coruña

Actos Públicos de Alternativa Galega de Esquerda:

Este venres 19 de Outubro remata a campaña Electoral na Comarca coas previsións que seguen:


 En San Valentín (Fene).

Hora: 7 da tarde.
Lugar: Centro de Promoción Social de San Valentín.

Intervirán:
  • Paula Meizoso (Esquerda Unida)
  • Mónica Fernández (Anova)
  • Manel Cardoso (Espazo EcoSocialista)
  • Suso Basterrechea (Esquerda Unida)
  • Lupe Ces (Anova)

 En Caranza (Ferrol). 

Acto peche de campaña de Alternativa Galega de Esquerda en Ferrolterra

Hora
: 8 da tarde
Lugar: Local Social da SCDR Galicia de Caranza (Avda. de Castelao, 3)

Con divesas intervencións e Asemblea Aberta. Haberá Magosto Popular con liscos e castañas.


 Peche de campaña na Coruña.

Con Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz ,  acompañados de Antón Sánchez e Mª Luz Canal no acto de peche de campaña.

Hora: ás 20:30hs.
Lugar: no Palexco (dársena da Mariña).



---

_______

Manifesto da Cultura en apoio da "Alternativa Galega de Esquerda"



Baixo o lema "Nin cultura sen pobo, nin pobo sen cultura", un numeroso colectivo de persoas ligadas ao mundo da cultura, ... escritores e escritoras, artistas, actrices e actores, persoas ligadas ao mundo do cine, do teatro, da música, do deseño, da produción, da ciencia, ... asinaron un manifesto de apoio á candidatura de "Alternativa Galega de Esquerda".


A continuación transcribimos o Manifesto da Cultura en apoio da "Alternativa Galega de Esquerda" e os nomes dunha parte moi importante das persoas asinantes.

NIN CULTURA SEN POBO, NIN POBO SEN CULTURA

Galicia é unha entidade material construída historicamente por homes e mulleres pertencentes ao mundo do traballo. Pero tamén é unha construción simbólica articulada conscientemente por unha tradición cultural e de creación artística rica, moderna e profundamente comprometida co pobo traballador ao longo da historia. Unha construción permanente que ten como máis evidente medida, no presente e no futuro, nos alicerces e nos horizontes, a nosa lingua.

E velaquí que o PP e mais Feijoo entraron no goberno asumindo como labor prioritario o de desestruturaren a capacidade simbólica de toda expresión cultural, creativa e artística, a consigna de destruíren a nosa cultura e a nosa lingua como garantes do proxecto nacional galego de democracia, xustiza e dignidade. Prolongaron e aumentaron a hipoteca do Gaiás mentres que, coa falacia dos recortes, desmontaron canto puideron o noso sistema cultural; abríronlle o espiche ó simulacro e afogaron a infraestrutura de creación audiovisual e artes escénicas; fomentaron a cultura do espectáculo e do consumo e derrubaron a cultura da participación social e activa; e a edición, as bibliotecas, o libro...

Pero soubemos resistir. Nas condicións máis extremas e adversas, seguimos resistindo. En calquera escenario do futuro, continuaremos organizando a resistencia activa.
E hoxe a nosa resistencia activa, a cultural e a política, é defender o proxecto da Alternativa Galega de Esquerda: “Hai que paralos!”

Hai que paralos porque somos parte integrante do pobo traballador galego e, por tanto, do pobo traballador europeo e do mundo, que está sendo aquí e acolá obxecto dunha brutal violencia de destrución e redución á escravitude.

Hai que paralos porque somos dos de abaixo. Non representamos a ninguén, sentímonos parte activa deste pobo e por iso participamos neste movemento de creba democrática e de superación do actual réxime e do actual sistema.

A Alternativa Galega de Esquerda non é unha marca máis que se venda no andel do gran centro comercial das eleccións. AGE é a expresión diversa e dinámica dunha necesidade de transformación cuxo protagonista soamente pode ser o pobo. AGE non aspira a converterse nun mediador entre a inmensa maioría dos de abaixo e a inmensa minoría dos de arriba; só se ofrece como ferramenta para que a democracia cobre sentido real por primeira vez na historia. O pobo é quen máis ordena: hai que paralos!

A Alternativa Galega de Esquerda é capaz de unir nun mesmo proxecto de intervención política, de emancipación nacional e social, dúas tradicións tan insignes coma as que representan hoxe Anova e Esquerda Unida, coas achegas de Equo e Espazo Ecosocialista. A unidade popular dos agredidos e das agredidas é hoxe e aquí un dos nosos valores principais: hai que paralos!

Por iso, máis que pedir o voto para AGE, que o pedimos, convidamos a todos e todas a se uniren ao proxecto de transformación. Acumular forzas para conquistar a hexemonía: hai que paralos!

Galicia, 12 de outubro de 2012

Francisco Xavier Abilleira Cortegoso (poeta)
Xulio Abonjo (actor)
Fernando Acuña Castroviejo (arqueólogo)
Agustín Agra (escritor)
Casilda Alfaro (actriz)
Alberto Alonso (cineasta)
Fran Alonso (escritor)
Antonio A. Alonso (científico)
Xesús Alonso Montero (académico)
Manuel Álvarez (músico)
Salomé Álvarez Blanco (profesora)
Berta Álvarez Cáccamo (pintora)
Xosé María Álvarez Cáccamo (escritor)
Maribel Álvarez Ilarri (ensinante)
Juanjo Amado (técnico de teatro)
Gonzalo Amoedo López (historiador)
Anxo Angueira (escritor)
Inma Antonio (actriz)
Vicente Araguas (escritor)
Gonzalo Araúxo (artista plástico)
Alberto Ardid (pintor)
Rafael Balado (escritor)
Carmen Bar Cendón (profesora)
Alfonso Bar Fernández (ensinante)
Manuel M. Barreiro (editor)
Suso Basterrechea (artista)
Rober Bass (profesor do audiovisual)
Juana Beiras (profesora)
Teresa Bermúdez (ensaísta)
X. Antón Bocixa Rei (músico)
Manuel Caamaño (etnógrafo)
Mónica Caamaño (actriz)
Anxo Cabada (fotógrafo)
Darío Xohán Cabana (escritor)
Félix Cal Cortizas (fotógrafo)
Mar Caldas (artista)
Paula Carballeira (escritora)
Fernando Carrera Ramírez (arqueólogo)
Arturo Casas (poeta, crítico literario)
Fernando Casás (artista plástico)
Iago Castro Buerger (escritor)
Antela Cid (actriz)
Ariadna Cid (lcda. Ciencias do Mar)
Sara Cid (profesora)
Lucía Cid (actriz de dobraxe)
Xosé Cid Cabido (escritor)
Luís Cochón (escritor)
Xabier Cordal (escritor)
Pilar Comesaña (xornalista)
Suso Cortegoso (actor)
Ledicia Costas Álvarez (escritora)
Anxos Cuña Bóveda (directora de teatro)
Berta Dávila Fernández (escritora)
María Luisa del Olmo Casalderrey (ensinante)
Salvador del Río (actor)
Xoán Calros de Dios González (artista plástico)
Luís Davila (debuxante)
Antón Dobao (escritor)
Antonio Doñate Mañeu (deseñador)
Antonio Durán Morris (actor)
Rosa Enríquez (poeta)
Xosé Manuel Eyré Val (escritor)
Xosé Ramón Fandiño (editor)
Miguel Anxo Fernán Vello (escritor e editor)
Ana María Fernández (tradutora)
Iago Fernández Camaño (músico)
Leo Fernández Campos (músico)
Adriana Fernández Lagoa (escritora)
Millán Fernández López (politólogo)
Francisco Fernández Rei (académico)
Carlos Fontes (escritor)
Manuel Forcadela (escritor)
Xosé Luís Franco Grande (académico)
Casilda García Alfaro (actriz)
Xosé Manuel García Crego (editor)
Beatriz García-Ramos (ensinante)
Xenaro García Suárez (escritor e matemático)
José Gómez Alén (historiador)
Luís Gonçales Blanco (escritor)
Amando González (pintor)
Ania González (xestora cultural)
Nolim González (poeta)
Xosé González (director do SNL de Redondela)
María Fe González Fernández (tradutora)
Brais González Pérez (escritor)
Ricardo Gurriarán (historiador)
Gonzalo Hermo (poeta)
Julián Hernández (músico)
Ánxel Huete (pintor)
Emilio Xosé Insua López (escritor)
Rai Iglesias (deseñador gráfico)
Baldomero Iglesias Dobarrio (músico)
Manuel Igrexas Rodríguez (historiador)
Xosé Antón Laxe Martiñán (poeta)
Emma Lázare (profesora)
Ramiro Ledo Cordeiro (cineasta)
Alberto Lema (escritor)
Catuxa López Pato (tradutora)
Celso X. López Pazos (crítico cinematográfico)
Manuel Lorenzo Baleirón (escritor)
Gustavo Luca de Tena (xornalista)
Bernardo Maiz (historiador)
J. Javier Mariño Sieiro (ensinante)
Beli Martínez (productora audiovisual)
Gemma Martínez (editora)
Xurxo Martínez (investigador)
Xulio Anxo Martínez Costas (músico)
Chema Martínez Rodríguez (químico)
Luís Martínez Romero (pintor)
Mina Marx (investigadora)
Antón Mascato (editor)
Xulio Maside (pintor)
Xulián Maure (editor)
Carlos Méixome (historiador)
Oriana Méndez (escritora)
Xosé Luís Méndez Ferrín (académico)
Xoán Montero (tradutor)
Vicente Montoto (actor)
Emilio Neira Abuín (tradutor)
Francisco Niño Ricoi (profesor)
Lolina Ojea (fotógrafa)
Xan Pardiñas (pintor)
Zé Paredes (actor)
Chus Pato (poeta)
Begoña Paz (escritora)
Cándido Pazó (actor)
Rosalia Pazo Maside (artista)
Bernardo Penabade (profesor)
Silvia Penas (escritora)
Pilar Pérez Faxil (documentalista)
Héitor Picallo Fuentes (ilustrador)
Laura Ponte (actriz)
Lito Portela (pintor)
Alba Prol Cid (realizadora)
Almudena Quintáns (bibliotecaria)
Begoña R. Outeiro (escritora)
Alberto Ramos Álvarez (escritor)
Paz Raña Lama (escritora)
Flor Maceiras (actriz)
Manuel Outeiriño Gallego (ensaísta)
José Luis Outes Ruso (economista)
Claudio Pato (poeta)
Xosé Manuel Pazos (autor teatral)
Miguel Pernas (actor)
Francisco Pillado Maior (editor)
Xosé Pintado Valverde (científico)
Iria Pinheiro (cabareteira)
Iván Prado (pallaso)
Xavier Queipo (escritor)
Mercedes Quiroga Barros (ensinante)
Tatán R. Cunha (titiriteiro)
Abe Rábade (músico)
María do Cebreiro Rábade Villar (escritora)
Henrique Rabuñal (escritor)
Luís Rei Núñez (escritor)
Xosé Luís Regueira (académico)
Gabriel Reigosa Centelles (músico)
Elvira Ribeiro Tobío (poeta)
Alfonso Rivas (economista)
Aitor Rivas Rodríguez (activista cultural)
David Rodríguez (deseñador)
David Rodríguez (poeta)
Xavier Rodríguez Baixeras (poeta)
Miriam Rodríguez Domínguez (realizadora)
Luciano Rodríguez Gómez (ensaísta)
Mª Esther Rodríguez Losada (profesora)
Anxo Rodríguez Ratel (poeta)
Manuel M. Romón (poeta)
Nieves Rouco (psicopedagoga)
Mercedes Rozas (crítica de arte)
Francisco Sampedro (filósofo)
Víctor Santidrián (historiador)
Carlos Santiago (dramaturgo)
Xosé Luís Santos Cabanas (escritor)
Xosé Manuel Sarille (escritor)
José Luis Seara, (artista plástico)
Isabel Seoane (profesora)
Xavier Seoane (escritor)
Iria Sobrino (arquitecta)
Xosé Bieito Sousa Rodríguez (profesor)
Diego Taboada (escritor)
Xosé Luís Tembra
Peneireiro (activista cultural)
Xaime Toxo (escritor)
Gonzalo Vázquez (deseñador)
Rexina Vega (escritora)
Roi Vidal Ponte (director e dramaturgo)
Manuel Vázquez Fernández (cantautor)
Xosé Lois Vilar (historiador)
Manuel Vidal Villaverde (escritor)
Malores Villanueva (profesora)
Xabier Xil Xardón (poeta)
Isaac Xubín (poeta)
_________________________

terça-feira, 16 de outubro de 2012

Actos Públicos de Alternativa Galega de Esquerda en Ferrol, Caranza e Valdoviño

Hai que paralos!

Porque cremos que hai outra maneira de facer política que non sexa mallar sempre nos mesmos, na maioría social.

Levamos moitos anos de políticas contrarias aos intereses da xente do común, de todas e todos nós, que desmantelaron o cativo estado do benestar e provocaron a maior crise económica, social e política que se lembra.

As forzas políticas que decidimos coligármonos para as eleccións ao Parlamento Galego coincidimos na necesidade de recuperar a dignidade da acción política baseada na radicalidade democrática; nos principios republicanos de igualdade, liberdade, fraternidade e laicidade; na conciencia sobre os límites ecolóxicos do planeta; na loita contra calquera caste de discriminación; na permanente fiscalización por parte da cidadanía dos elixidos e elixidas e en que as políticas deberán sempre estar na defensa do benestar das maiorías sociais e na defensa das minorías oprimidas, en definitiva, na procura do ben común.

Debemos unir todas as forzas posíbeis para facer fronte conxunto ás políticas que lastran e condicionan calquera posibilidade dun futuro mellor.

Apartar o PP dos gobernos é un mínimo imprescindíbel para abrir posibilidades cara unha  ruptura democrática que consideramos imprescindíbel.

Actos Públicos de Alternativa Galega de Esquerda

Martes 16 de Outubro.

 En Ferrol  , sobre Economía: "Hai Alternativas"
Hora: 20:00 hs.
Lugar: Centro Cultural Torrente Ballester.
Presentan:
Suso Basterrechea (EU) e Manolo Pazo (Anova)
Intervirán:
- Alberto Garzón (Diputado de Esquerda Plural no Parlamento Español).
- Martiño Noriega (Alcalde de Teo e membro de Anova).
- Pablo Otero (Equo)
- Manel Cardoso (Espazo Ecosocialista)

Mércores 17 de Outubro.

 En Caranza .
Hora: 18:00 hs.
Lugar: Centro Cívico de Caranza.
Intervirán:
- Rafael Pillado (Movemento Social de Ferrolterra)
- Paula Meizoso (EU)
- Lupe Ces (Anova)

 En Valdoviño  .
Hora: 19:00 hs.
Lugar: Casa da Cultura .
Intervirán:
- Mónica Fernández (Anova)
- Xosé María Dobarro (EU)

 En Ferrol .
Hora: 20 hs.
Lugar: Inferniño.
Participaremos na Manifestación Comarcal Unitaria en defensa da comarca, o naval e polo emprego, contra as políticas antisociais e antiobreiras dos gobernos do dereitista pp (partido popular), de Mariano Rajoy e Feijóo'2012. Convocada pola maioría sindical: ccoo, cig, ugt e ustg.
 - - - - - - -.


---

segunda-feira, 15 de outubro de 2012

Acto Público no Monte San Lourenzo (Vilar do Colo - Cabanas), sobre medio ambiente e defensa do territorio - Vídeos


Alternativa Galega de Esquerda defende a necesidade dun cambio total de sistema como única vía para protexer a natureza

Rodeado por máis de 60.000 toneladas de residuos contaminantes, o número tres da candidatura de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de A Coruña, Antón Sánchez, comprometeuse públicamente a levar ó Parlamento de Galiza, estes e outros asuntos relacionados coa destrucción do territorio.

O Monte San Lourenzo, sito no Concello de Cabanas e próximo a unhas fontes tributarias do río Baa, leva meses ocupado por uns áridos traídos dende Holanda que están impregnados de contaminantes e que por este motivo non poden ser utilizados como recheo, segundo a normativa europea vixente.

A pesares de que tras varias denuncias o caso está a ser investigado, os movementos sociáis e ecoloxistas da comarca seguen a reclamar unha solución a un problema que podería afectar gravemente á entorna destes terreos.

Con este acto público, Antón Sánchez, Xosé Manuel Rodríguez Carballeira e Lupe Ces, de Alternativa Galega de Esquerda, solicitaron da sociedade o apoio necesario para conseguir acadar a forza precisa para defender o territorio galego destes e outros ataques. Así, non esqueceron denunciar o estado de alto deterioro no que se atopa a ría de Ferrol e a sentenza do Tribunal Supremo na que se declarou nula a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos realizada no seu día para a instalación da regasificadora.

Sánchez destacou que o medioambiente non é un mero apartado no programa electoral de Alternativa Galega de Esquerda, senón que é unha cuestión transversal do mesmo. Diversos veciños que alí se congregaron trasladáronlle estas e outras inquedanzas ó respecto desta temática.

Defensa do Territorio e Ecoloxía [Antón Sánchez].

http://youtu.be/aFIVqjmZQ-U


Defensa do Territorio e Ecoloxía [Xosé Manuel Rodríguez Carballeira].

http://youtu.be/BMq-bV-k6Vg
---

terça-feira, 9 de outubro de 2012

Actos para hoxe (Martes 9 de Outubro) en Santa Icía (Narón) e Neda - E mañá (10 de Outubro) n'As Pontes e Ferrol

Na xornada do mércores 10 de Outubro, Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, estarán pola mañá na vila d'As Pontes, onde visitarán diversas entidades e manterán reunións con membros de comités de empresa e de entidades sociais, coordenados polo histórico nacionalista e sindicalista Xosé Manuel Ribeira. Sobre ás 12 do mediodía terá lugar unha rolda de prensa na "Caseta do Parque" (Parque Campo da Feira s/n). Xantarán na vila (en privado), nunha coñecida adega e casa de comidas da familia dun histórico do nacionalismo pontes, Pepe Guerreiro, impulsor e facedor, desde os inicios, da esquerda nacionalista e do sindicalismo nas Pontes e en toda a Comarca.

Pola tarde sobre as 6, está prevista unha xuntanza cos comités de empresa de Navantia (Fene e Ferrol) que seguen pechados no Pazo Municipal de Ferrol, para falar da situación na que se atopan os estaleiros e dos incumprimentos e mentiras do PP, así como das iniciativas políticas que pode levar a Alternativa Galega de Esquerda.

Sobre ás 8 da Tarde, está previsto que dea comezo o Mitín Central da campaña na nosa Comarca, no Teatro Jofre, onde intervirán xunto a Manolo Díos (EcoSocialista), que foi un destacado sindicalista e o cofundador do Seminario Galego de Educación para a Paz - Fundación Cultura e Paz, promotor de moitas iniciativas de solución dos conflitos a través do diálogo, investigador para a elaboración de pedagoxías da Paz, activista social e escritor. Acompañarán o acto os responsábeis locais de Esquerda Unida (Suso Basterrechea) e de Anova (Xosé Manuel Pazo). Presentará o acto o profesor, investigador, historiador, escritor e activista social, Bernardo Maiz Vázquez (o home doutra beira da Ría), aínda que naceu en Compostela, é veciño do Seixo (Mugardos), que foi no seu momento o coordinador da Plataforma Comarcal polo NON Á OTAN, no referendum de 1986, antifascista e copromotor de diversas plataformas cívicas unitarias en defensa do ben común, recuperador incansábel da memoria histórica.

Hoxe Martes, 9 de Outubro, celebran-se dous actos públicos electorais
:

Acto Público en Santa Icía (Narón) - Alternativa Galega de Esquerda
Martes, 9 de Outubro, ás 20:00 horas, no local social de Santa Icía, cos seguintes participantes: Paula Meizoso de Esquerda Unida e Lupe Ces de Anova.
Acto Público en Neda - Alternativa Galega de Esquerda
Martes, 9 de Outubro, ás 20:00 horas, mitin no salón de actos da  Casa da Cultura de Neda.

Intervirán:
  • Carmen Prieto Luna como presentadora
  • Xosé María Dobarro por Esquerda Unida
  • e Mónica Fernández por Anova.

Nota.- Clicar en cada unha das imaxes para ampliar
----

Fotos do acto electora en Fene - 08.10.2012


Acto Público en Fene.

Tivo lugar, o acto electoral, ás 7 da tarde horas na Casa da Cultura de Fene, no que participaron:  Mónica Fernández (Anova) e Suso Basterrechea (Esquerda Unida).

---

domingo, 7 de outubro de 2012

Acto Público da Alternativa co movimento social e veciñal de Ferrol - Fotos e Vídeos - A participación cidadá tomou a palabra no acto da Alternativa Galega de Esquerda que se celebrou nas sindicais de San Pablo


A participación cidadá tomou a palabra no acto da Alternativa Galega de Esquerda

Nas vivendas sindicais de San Pablo, a Alternativa Galega de Esquerda contou coa participación de Miguel López, do movemento vecinal, e de Xosé Manuel Rodríguez Carballeira, activista da loita contra Reganosa, onde todas as persoas que interviron, mostraron a súa solidariedade co sindicalista Xesús Anxo Pintos.

Miguel López explicou as razóns do seu apoio á candidatura, “hai que paralos para rematar co malgasto, e para implantar una nova forma de facer política, hai que rematar co clientelismo, o enchufismo e a corrupción, da que temos claros exemplos que practica o Partido Popular”, concretamente falou dos casos da Praza de España e da Praza de Armas.

Rodríguez Carballeira insistiu na necesidade de levar ao parlamento a persoas con determinación para enfrentarse aos recortes, e ás grandes empresas. “Necesitamos no Parlamento, representantes que defendan á cidadania desta comarca, da ameaza de Reganosa, que actúen como un dique de contención dos bancos e das multinacionáis”.

Paula Meizoso, candidata na lista da coalición, pediu o voto para a Alternativa Galega de Esquerda lembrando a necesidade de defender a soberanía, a democracia e os dereitos socias, como eixo de actuación non só da candidatura, senon da cidadanía que ten que demostrar que se pode construir outro mundo.

Xosé Manuel Pazo Branco fixo un percorrido pola historia compartida polas xeracións que entre o público se encontraban representadas. “Aquí estamos xentes que sufriron a ditadura, xentes que vivimos a transición, e una nova xeración que ten como futuro una vez máis, a emigración. Temos que protagonizar unha segunda transición política”. Aproveitou a situación do barrio de San Pablo para incidir nun dos 30 pontos programáticos da coalición: “Os nosos fill@s teñen dereito a una vivenda digna. Os bancos acumulan miles de vivendas froito do roubo, expropiemos esas vivendas!” O mesmo que se referiu á deuda ilexítima que hai que investigar mediante una Comisión parlamentaria.

Rematou o acto coa intervención dunha representante da Asociación de Veciñal que aproveitou para denunciar as mentiras que espalla o governo municipal a respeito do local social de barrio.

Ferrol, 7 de outubro de 2012

Intervención de Xosé Miguel López do movimento veciñal e social de Ferrol Terra
[Nota.- Este vídeo ten un fallo técnico de son perante uns minutos que case se silencia e despois volve de novo o son. Pedimos desculpade o fallo]



http://youtu.be/QTomU3Gvyzo


Intervención de Xosé Manuel R. Carballeira do movimento opositor a Reganosa


http://youtu.be/PbNlmGwC6rc


Intervención de Paula Meizoso de Esquerda Unida


http://youtu.be/dmasGomxIXI


Intervención de Xosé Manuel Pazo de Anova


http://youtu.be/ko0wSBmYFc4
Peche do acto por Fina e Lupe Ces


http://youtu.be/WIs7OgPylbk

Fotos Susete'70, Vídeos Cholo.
___________

Algúns vídeos do acto público en Ferrol, da Praza Rosalia de Castro, dedicado á comunicación, lingua e cultura en Ferrol

Hoxe na Praza Rosalía de Castro de Ferrol, tiña lugar un acto público da Alternativa Galega de Esquerda, sobre comunicación, cultura e lingua. No acto participaron o candidato e responsábel local de Esquerda Unida, Suso Basterrechea, profesor e artista plástico e a candidata de Anova, Mónica Fernández, licenciada en Belas Artes. Apoiaron o acto coa súas intervencións musicais,  Fefi, interpretando a canción de Miro Casavella "O meu país" para expresar o seu apoio à Alternativa (AGE), nun acto que tivo lugar na Praza de Rosalía en Ferrol. Fefi rematou cun "Moitas sorte e a paralos!". E por último Memela das Cantareiras de Trasancos, ofreceu-nos os seus versos cantados.

"Somos o país da auga
que vai rebentar a presa
e libertar os regatos
beber forza da fervenza"

Memela desexou moita unión, e asi o expresou  "Cantando coa forza que nace da unión".


http://blip.tv/artabrix/o-cantautor-fefe-en-apoio-da-alternativa-galega-de-esquerda-moitas-sorte-e-a-paralos-6387881


http://blip.tv/artabrix/memela-das-cantareiras-de-trasancos-em-apoio-da-alternativa-galega-de-esquerda-1-de-2-6387796


http://blip.tv/artabrix/memela-das-cantareiras-de-trasancos-em-apoio-da-alternativa-galega-de-esquerda-2-e2-6387844

---

sábado, 6 de outubro de 2012

Actos Públicos para este fin de semana (Sábado e Domingo, 6 e 7 de Outubro)


Sábado 6 de Outubro:
Acto en defensa do programa electoral de "Lingua Cultura e Comunicación"

Às 11:30 horas na Praza de Rosalía en Ferrol, coa participación e apoio de artistas e poetas.

Intervirán:
  • Suso Basterrechea (EU)
  • Mónica Fernández (Anova)

Acto Público en Cabanas
Ás 19:00 horas, no Colexio Peón Laraxe.

Presentará o Acto Xosé Manuel Sardiña

Intervirán:
  • Xosé María Dobarro (EU)
  • Manolo Pazo (Anova)

Caranza

Reparto de Propaganda no Feirón de Caranza, entre as 11 e as 13 horas.


Domingo 7 de Outubro
:


Acto Público Aberto nas Vivendas Sindicais de San Pablo.
Ás 12:00 horas na Praza fronte ao Centro Cívico e Social.
Intervirán:
  • Miguel López, activista do movemento veciñal.
  • Xosé Manuel Rodríguez Carballeira, activista da loita contra Reganosa.
  • Manolo Pazo (Anova)
  • Paula Meizoso (EU)

Santa Icía - Narón

Reparto de propaganda, entre as 11 e as 13 horas.



Aviso: Local e Telefono

Pasa-te polo Local electoral da Alternativa Galega de Esquerda, rúa da Igrexa nº 7 Ferrol (A poucos metros da Praza do Callao).

Horario:
  • Aberto pola mañá entre as 10:00 e 13:30 horas.
  • E pola tarde entre as 16:30 e as 21.00 horas.

Telefono da campaña electoral: 6 0 8 8 9 0 8 3 9


_____________________

quinta-feira, 4 de outubro de 2012

Galería fotográfica do acto de Presentación da Candidatura en Ferrol Terra


Alternativa Galega de Esquerda presentou esta tarde ás candidatas e candidatos de Ferrol Terra que van na lista polo distrito electoral provincial da Coruña. Foi o histórico dirixente obreiro antifascista Rafael Pillado, na actualidade destacado activista do movimento social da Comarca, a persoa encargada de facer os honores.

Enlace de interese:

Candidatura

---

quarta-feira, 3 de outubro de 2012

Convocatorias para Xa! e Programación dos Actos dos vindeiros sete días nas comarcas de Ferrol Terra, Eume e Ortegal (Do 3 ao 10 de Outubro)

Información e convocatoria de Alternativa Galega de Esquerda, enviada por Asemblea Popular Alternativa |asemblea.apoio.alternativa@gmail.com|

Enviamos convocatoria de actos previstos para os próximos sete días, agardando podamos contar co voso apoio, presencia e participación.

O día 3 de outubro, mércores, presentación da candidatura na Porta Principal de Navantia Ferrol, ás 17hs.

O día 4 de outubro, xoves, teremos o acto de comezo da campaña no Cantón. O acto comezará ás 22:30hs e durará até as 24hs. Teremos música, chocolate quente para aguantar as últimas horas do dia, e faremos unha performan coa palabra ALTERNATIVA. Solicitamos a todas as persoas que vos acheguedes ao acto, traiades velas, de distintas cores e formas, para poder facer a composición. Remataremos o acto coas intervencións de Mónica Fernández e Yolanda Díaz.

Convocatoria Grupo de Apoio Popular á candidatura.

Todas as persoas que nos anotamos para colaborar na campaña, e outras que poidamos convidar, estamos convocadas para este xoves, 4 de outubro, ás 18hs, no local electoral da da Alternativa Galega de Esquerda, rúa da Igrexa nº 7 Ferrol (A poucos metros da Praza do Callao).

Cadro de Actos para os próximos sete días (Do 3 ao 10 de Outubro) - (en formato pdf):

|Acceder ou Baixar|
---

Galería Fotográfica da Asemblea Popular dos movimentos sociais en apoio de Alternativa Galega de Esquerda


Enlaces relacionados:
Así se desenvolveu a Asemblea Popular en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda celebrada en Ferrol Terra [Vídeo]
Aprobado o Manifesto e constituida a asemblea de sentinelas do mandato popular
web oficial da coalición electoral:

http://alternativagalega.com/

---

domingo, 30 de setembro de 2012

Aprobado o Manifesto e constituida a asemblea de sentinelas do mandato popular

Manifesto aprobado na Asemblea dos Movimentos Sociais en apoio á candidatura Alternativa Galega de Esquerda, celebrada o 28 de Setembro de 2012, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, en Ferrol Terra



MANIFESTO DE FERROLTERRA
A ESQUERDA SOCIAL DIANTE DO 21.O

As persoas abaixo asinantes, pertencentes a distintas organizacións, asociacións e movementos, que loitan pola defensa dos bens comúns, a xustiza social e o medio ambiente, a nosa lingua e cultura nacional, reunidas en asemblea na cidade de Ferrol, acordan facer pública a seguinte declaración:

1- Que a democracia, os dereitos sociais, os dereitos laborais, os servizos sociais e os dereitos nacionais, están sendo vendidos aos poderes financeiros, por unhas institucións e uns gobernos que son obedientes a eses poderes, mentres se mostran cegos e xordos ás demandas da cidadanía. Esta situación é extremadamente grave na nosa comarca, con altos índices de desemprego, perda de poboación, sectores industriais claves ameazados e un ecosistema altamente degradado.

2- Que ao longo deste último ano, fíxose evidente que só a unión das forzas populares sindicais, cidadás, políticas...) que se enfrontan a estes poderes, pode mobilizar e ganizar á cidadanía, para conseguir frear os seus ataques e posibilitar construír alternativas que lles arrebaten o poder absoluto que exercen.

3- Que o froito desa vontade de unidade, diante da convocatoria electoral para o 21 de outubro, concretouse na coalición Alternativa Galega de Esquerda, que se presenta a estes comicios como unha forza política que pretende recuperar a democracia, e retirar do poder a quen goberna para os poderes financeiros, executando os seus desexos, que non son outros que sacarnos os dereitos, empobrecernos e permitirlles acumular máis riqueza.

4- Que imos apoiar a candidatura de Alternativa Galega de Esquerda, para que leve o mandato ao Parlamento de xerar unha nova cultura de radicalidade democrática, de defensa dos intereses da maioría social fronte aos bancos e as oligarquías. Poderes que se enfrontan claramente aos obxectivos que promoven e defenden día a día os nosos movementos e organizacións, que loitan polo reparto da riqueza, polo fin da pobreza, pola defensa do medio ambiente e o noso territorio, por uns servizos públicos, universais e de calidade, contra os ataques á nosa lingua e cultura, contra o machismo, o racismo e a xenofobia..., nun esforzo constante por constituírmonos en cidadanía consciente, que sabe cales son os seus dereitos e as súas obrigas.

5- Que para asegurar que ese mandato se cumpre, constituímonos en asemblea de sentinelas do mandato popular, de xeito que as persoas que resulten electas, dean conta deste mandato diante desta asemblea.

Ferrol, 28 de Setembro de 2012

Enlace:

Así se desenvolveu a Asemblea Popular en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda celebrada en Ferrol Terra [Vídeo]

web oficial da coalición electoral:

http://alternativagalega.com/

---

sábado, 29 de setembro de 2012

Video da Asemblea Popular en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda celebrada en Ferrol Terra


Vídeo da Asemblea popular en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda que o venres 28 de setembro, se celebrou no Centro Cultural Carvalho Calero [Ferrol, Inferniño] co obxectivo de unir ás persoas activas da comarca en defensa da candidatura, asinar un manifesto e contruir comités de traballo.


http://bambuser.com/v/3018049


Comité Popular de Caranza en apoio da candidatura
Alternativa Galega de Esquerda
---